Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boqueixón

A Xunta investirá preto de 50.000 euros na mellora da escola infantil Raíña Lupa de Lestedo

O investimento permitirá mellorar o parque exterior, o interior do centro e os accesos á escola municipal de Boqueixón

Garderia Lestedo
Visita institucional á escola infantil Raíña Lupa de Lestedo para anunciar un investimento da Xunta destinado á mellora das instalacións e dos servizos de atención á infancia
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron esta mañá a escola infantil Raíña Lupa de Lestedo para anunciar un investimento da Xunta de preto de 50.000 euros que permitirá mellorar os servizos e a atención que se ofrece neste centro municipal.

Ovidio Rodeiro agradeceulle á conselleira e ao xerente do Consorcio a súa visita para anunciar “un investimento moi demandado nesta escola infantil que nos permitirá realizar 3 actuacións: adaptar a parte exterior do parque infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos, realizar melloras no interior do inmoble como a adaptación da cociña ou a adquisición de novo equipamento educativo para as aulas, e mellorar os accesos, colocando unha cuberta no acceso principal para dar unha solución ás familias sobre todo en días como o de hoxe, que chove”. Así mesmo, destacou que o investimento é financiado ao 100% pola Consellería de Política Social e Igualdade.

A ampliación do parque infantil de Lestedo, inaugurado en marzo de 2024, permitiu duplicar a zona de xogos dispoñible anteriormente con novos xogos, sobre todo para nenos e nenas de máis de 3 anos de idade. Un espazo onde destacan unha gran tirolina e un columpio múltiple, con cinco asentos adaptados a distintas idades (dous asentos planos en caucho para crianzas a partir dos 3 anos; dous asentos berce para crianzas menores de 3 anos; e un asento cesto para grupos). Así mesmo, conta cunha torre tobogán composta por tres torres con pasarela, rede e dous tobogáns dirixidos a nenos e nenas de entre os 4 e os 14 anos.

Fabiola García enmarcou esta intervención no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas pioneiras como a gratuidade desta etapa educativa

Ao respecto, lembrou que este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non teñen que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos ou fillas, vaian a unha escola 0-3 da Xunta, dependente dun concello, de iniciativa social ou privada. Grazas á gratuidade, Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil con case un 65%, situándose 15 puntos por riba da media nacional.

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos