Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boqueixón

O Concello de Boqueixón instala composteiros comunitarios para impulsar a reciclaxe

Están situados nas áreas do Forte e Codeso e tamén existe unha alternativa de compostaxe para quen vive en piso ou non dispón terreo propio

Composteiros Boqueixon
As áreas de compostaxe comunitaria do Forte e Codeso permiten á veciñanza tratar os seus residuos orgánicos e reducir a fracción destinada a vertedoiro
Concello de Boqueixón
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello vén de construír as dúas primeiras áreas de composteiros comunitarios no municipio, emprazados nas parroquias do Forte, a carón do CPI Antonio Orza Couto, e Codeso, ao lado da residencia de maiores. Unha actuación na que investiu máis de 25.000 euros.

O alcalde Ovidio Rodeiro explica que “trátase dun paso máis adiante na nosa campaña de promoción da compostaxe doméstica na que levamos repartido case un milleiros de composteiros entre a veciñanza. A nosa intención é minimizar a xeración de residuos e concienciar á xente da importancia da reciclaxe e dos seus beneficios a nivel ambiental, social e mesmo económico, pois poden transformar os seus refugallos orgánicos nun compost de calidade que pode reutilizarse como abono”.

Con esta acción, a veciñanza contribúe a diminuír os residuos enviados a vertedoiros, promovendo así unha economía circular. “Os composteiros están situados nos lugares que máis fracción resto producen”, sinala Ovidio Rodeiro pero, ademais, ofrecen tamén unha nova vía de reciclaxe da materia orgánica a aqueles veciños e veciñas que viven en bloques de pisos ou que non dispoñen dun terreo onde valorizar eses residuos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620