Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames chama á veciñanza a limpar o rego do Ameneiral este domingo

A xornada de voluntariado ambiental comezará ás 11.00 horas na praza do Concello de Bertamiráns e prolongarase durante dúas horas

O Concello de Ames participará este domingo na iniciativa 'Móllate polos ríos', promovida por ADEGA a través do programa Proxecto Ríos
O Concello de Ames participará este domingo na iniciativa 'Móllate polos ríos', promovida por ADEGA a través do programa Proxecto Ríos
Engin Akyurt
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Ames súmase un ano máis á iniciativa 'Móllate polos ríos', coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, convidando a toda a veciñanza a participar este domingo, 4 de outubro, na limpeza de ríos e regos de Ames. O punto de inicio e finalización estableceuse na praza do Concello, en Bertamiráns. Neste punto de encontro recibirase, ás 11.00 horas, a todos os participantes. 

Unha realizada a presentación da actividade e, tras dar as instrucións oportunas sobre como se debe desenvolver a limpeza, faranse diversos grupos. Este ano realizarase unha limpeza do rego do Ameneiral durante dúas horas.

Está previsto que as labores de limpeza rematen arredor das 13.00 horas. Unha vez transcorrida a actividade, os participantes reuniranse de novo na praza do Concello para avaliar a natureza e quilos de lixo recollidos. Despois todo será depositado nos correspondentes contedores. Os datos acadados ao longo da xornada serán enviados a ADEGA, para a realización dun informe sobre o estado dos nosos ríos.

Convocatoria á veciñanza de todo o concello

Ademais do rego do Ameneiral, desde o Concello faise un chamamento ás asociacións de veciños para que participen nesta iniciativa e se sumen na limpeza do resto de ríos e regatos que pasan polo termo municipal de Ames.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, fai un chamamento ás asociacións de veciños para que convoquen á veciñanza de cada parroquia para que participen nesta iniciativa. “Animamos á veciñanza das parroquias a que formen grupos e que saian a realizar a limpeza polo rego que teñan máis próximo. É vital implicar aos máis novos para inculcar esta cultura de conservación do medio. Unha vez feita a recollida, deben de avisar ao Concello sobre os puntos onde depositaron os sacos con lixo para recollelos”.

Materiais necesarios e recomendados

Para poder desenvolver a actividade de xeito correcto e seguro, desde o Concello recoméndase que, na medida do posible, cada persoa porte algúns materiais para participar na actividade. En primeiro lugar, recoméndase o uso de luvas, preferiblemente as que se empregan para fregar. Isto débese a que as compostas de vinilo ou látex rompen con maior facilidade e deste xeito podemos contribuír a xerar máis residuos. Tamén se invita aos participantes a levar botas de auga, se dispoñen delas.

Por outra banda, serán necesarios pinchos ou paus con pincho na punta para facilitar a recollida de lixo, así como bolsas grandes, sacos, ou ben caldeiros grandes ou recipientes similares para depositar e transportar o lixo recollido. Neste sentido, poderanse solicitar algúns destes materiais ao Concello.

Medidas de seguridade

Ao longo da xornada, será preciso manter algunhas medidas e ter precaución á hora de recoller residuos, para que ninguén se manque. É fundamental non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles. Nos casos nos que se complica a recollida, é preferible chamar ao Concello para que se encargar do lixo máis problemático. Así mesmo, si se recollen cristais, vidros, ferralla ou calquera material cortante, prégase facelo coa maior precaución posible.

Tamén é importante lembrar o perigo de caer ao río, polo que se recomenda extremar a precaución cando se estea preto del, evitando non traballar de costas á canle do río, especialmente si se está a arrincar algo que está soterrado. Débese ter especial coidado en zonas de corrente forte e profundas. Por último, pero non menos importante, en caso de levar nenos ou nenas de acompañantes, cómpre prestarlles especial atención, e evitar que queden sós ou soas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620