Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Isolina Martínez pon o broche ás festas da Peregrina

A veciña de 88 anos foi a encargada de dar o pregón que clausurou tamén o programa do Ames en Festas 2026

IMG_7245
IMG_7245
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Isolina Martínez, veciña de Bertamiráns de 88 anos, foi a encargada de dar este domingo o pregón das festas da Peregrina, que puxeron o punto e final ao programa do Ames en Festas 2026.

Durante o seu pregón, Martínez recoñeceu a súa emoción por recibir esta responsabilidade e asegurou que nunca pensara que, con 88 anos, tería "a honra" de dar o pregón das festas da Peregrina.

A pregoeira tamén puxo en valor a evolución experimentada por Ames e, especialmente, por Bertamiráns nas últimas décadas. "Ames e Bertamiráns cambiaron moito, pero a min gústame moito máis o de agora. Un pobo moderno que medra e hai de todo", sinalou.

Pola súa banda, o alcalde de Ames, Blas García, destacou a figura da pregoeira e a súa vinculación co municipio. "Isolina é un exemplo a seguir e representa o Ames de hoxe", afirmou.

A xornada de clausura contou tamén coa sesión vermú e coas últimas actuacións musicais do programa, coa participación da Requinta da Maía, a Banda de Música de Brión e a orquestra Suavecito.

Coa celebración das festas da Peregrina rematou a quinta edición do Ames en Festas, que durante dez xornadas levou actividades musicais e de lecer ao Milladoiro e a Bertamiráns. O programa, que comezou o pasado 31 de xullo, incluíu tamén o Millarock, o Festival Emerxente, a Romaría Urbana e propostas para o público infantil, ademais de manter horarios sen ruído nas atraccións para favorecer unhas festas máis inclusivas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620