Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Escena Galega entrega en Ames os IV Recoñecementos das Artes Escénicas

Sete profesionais e entidades do teatro e a danza galega reciben uns galardóns que distinguen traxectorias e proxectos clave do sector

135_RecoñecementosEG26_MiguelLamas_Z815866
Os Recoñecementos de Escena Galega nacen co obxectivo de visibilizar persoas e proxectos que fortalecen o ecosistema escénico galego
Miguel Lamas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Escena Galega entregou en Ames os IV Recoñecementos das Artes Escénicas nunha gala celebrada no Pazo da Peregrina, onde distinguiu a sete profesionais, colectivos e entidades clave para o desenvolvemento do sector escénico galego.

Nesta edición recibiron os galardóns Teatro de Ningures, Colectivo RPM, Sala Ártika, Salvador Forján, Moisés González, Luciano Fernández e Carlos Lorenzo, nunha convocatoria que busca poñer en valor traxectorias, proxectos e espazos fundamentais para o teatro e a danza en Galicia.

O acto, presentado pola bailarina e coreógrafa Marta Alonso Tejada, reuniu a representantes do ámbito cultural e institucional, entre eles o alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, xunto a membros da corporación municipal.

Teatro de Ningures foi distinguido como Socia de Honra pola súa ampla traxectoria e polo seu papel na creación teatral contemporánea en Galicia, así como pola súa contribución á formación e dinamización cultural no Morrazo.

Os recoñecementos á traxectoria destacaron o labor de Salvador Forján e Moisés González, vinculados ao ámbito técnico e de xestión en espazos escénicos de referencia como o Centro Dramático Galego e o Teatro Principal de Santiago.

Luciano Fernández, director técnico do Padroado da Cultura de NArónfoi recoñecido pola súa contribución á programación e consolidación de proxectos escénicos en Narón, mentres que Carlos Lorenzo, técnico de Cultura de Carral foi premiado polo seu traballo na xestión cultural e o seu compromiso co desenvolvemento das artes escénicas desde o ámbito municipal.

O Colectivo RPM recibiu o recoñecemento polo seu labor de apoio á creación contemporánea e á investigación artística, mentres que a Sala Ártika de Vigo foi distinguida polo seu papel como espazo independente clave na exhibición teatral en Galicia.

Os Recoñecementos de Escena Galega nacen co obxectivo de visibilizar persoas e proxectos que fortalecen o ecosistema escénico galego, nun formato sen categorías fixas que se adapta cada ano ás realidades do sector.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620