Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames entrega os premios do XXIII Certame Literario nunha gala na Casa da Cultura do Milladoiro

O alcalde, Blas García, destacou o papel do certame na promoción da creación literaria e na defensa do galego entre a mocidade

Entrega premios certame literario
Entrega premios certame literario
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a entrega de premios do XXIII Certame Literario Concello de Ames, nun acto no que participaron 16 dos 18 premiados nas modalidades de narrativa e poesía. 

O evento, presentado por Belén Martínez e acompañado pola Escola Municipal de Música, puxo en valor a creación literaria en lingua galega e a ampla participación rexistrada nesta edición, con 186 traballos presentados.

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, felicitou aos gañadores e destacou o certame como unha ferramenta clave para fomentar a escritura en galego e manter viva a lingua entre a mocidade. Tamén subliñou a importancia de figuras como Begoña Caamaño e o traballo do xurado ao longo da traxectoria do concurso.

Nesta vixésimo terceira edición, na que se premiaron obras procedentes de 13 concellos galegos, o certame consolídase como unha referencia literaria en Galicia, con máis de 3.000 obras recibidas desde a súa creación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620