Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

O Certame Literario de Ames xa ten gañadores da súa XXIII edición

A convocatoria reúne 186 traballos de 13 concellos galegos e recoñece autores e autoras de distintas idades e categorías con catro premios 

O xurado estivo formado por Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández
O xurado estivo formado por Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Certame Literario do Concello de Ames xa conta cos gañadores da súa XXIII edición, na que se presentaron un total de 186 traballos procedentes de 13 concellos galegos.

Entre os municipios representados figuran Ames, Noia, Santiago de Compostela, A Coruña, Nigrán, San Sadurniño, Oroso, Teo, Touro, Lousame, Gondomar, Allariz e Vigo, nunha convocatoria que volve destacar pola súa ampla participación e diversidade territorial.

No caso de Ames, o concello obtivo catro galardóns nesta edición: o primeiro e o terceiro premio da segunda categoría na modalidade de narrativa (14 a 17 anos), o segundo premio da primeira categoría de poesía (ata 13 anos) e o segundo premio da segunda categoría de poesía (14 a 17 anos).

O xurado estivo formado por Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández, tres referentes da creación literaria galega actual.

Na modalidade de narrativa foron premiados Aroa Domínguez Domínguez, Adriana González Leira e Ana López Canosa na primeira categoría; Elena Tedín Cobas, Enma Serrano Caneda e Sarah Muñoz Costa, na segunda categoría; e Francisco Javier Fernández Davila, Sonia Corral Franco e Israel Martínez Veiga, na terceira categoría.

En poesía, os galardoados foron AAdriana González Leira, Xela Ramos Domínguez e Lois Herva Rodríguez, na primeira categoría; María Rodríguez Maroño, Elvia Pérez Álvarez e Ana Laranga Romero, na segunda; e Marta Dacosta Alonso, María Comesaña Besteiros e Clara do Roxo, na terceira.

A categoría con maior participación foi a de narrativa para maiores de 18 anos, con 65 traballos presentados, seguida da poesía na mesma franxa de idade con 58 obras.

O acto de entrega dos premios celebrarase o sábado 13 de xuño ás 12:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, nun evento presentado por Belén Martínez, de Ames Radio, que contará tamén coa actuación do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620