Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

O alcalde de Ames participa no acto de clausura do proxecto Estalmat-Galicia

Todo el alumnado en la clausura
Todo el alumnado en la clausura
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A promoción de 2024 do proxecto Estalmat- Galicia de estímulo do talento matemático pechou o curso o pasado sábado, 16 de maio, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Asistiron as 8 alumnas e os 19 alumnos de Estalmat-Galicia, que conformaron a décimo sétima promoción, da que tamén formou parte un estudante que cursou o primeiro ano en Estalmat-Murcia. 

Entre o alumnado hai un mozo de Ames. O Concello de Ames participou neste programa como patrocinador cunha achega económica.

O acto comezou ás 11.00 horas co relatorio A profesión de Matemáticas onte e hoxe, impartido por M. Elena Vázquez Cendón, e dirixido a docentes, alumnado e familiares da promoción de 2024.

A continuación, ás 12.30 horas, realizouse o acto oficial de entrega de diplomas que estivo presidido pola reitora da USC e docente do programa, Rosa M. Crujeiras Casais, e ao que asistiron a secretaria da Facultade de Matemáticas, María José Ginzo Villamayor; a presidenta do programa, Elena Vázquez Cendón; e o alcalde de Ames, Blas García.

Tamén participaron, en representación do equipo docente, a profesora do IES Antón Fraguas, Trinidad Pérez López; as representantes das familias, Ana Amparo Fernández e Mario Gallo; e do alumnado, Noa Garabato Pardo e Raúl Cousillas Roget.

Este proxecto, nado en 1999, conta coa colaboración de distintas entidades educativas e culturais, ás que en 2024 se sumou o Concello de Ames en calidade de patrocinador do programa.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “investir en educación é investir en futuro. O Concello de Ames ten un compromiso con Estalmat e seguiremos colaborando en vindeiras edicións coa Facultade de Matemáticas e coa USC”.

Estes 26 estalmateiros e estalmateiras están agora convidados a participar no programa ESTALMAT-PI, que supón un terceiro curso, e que actualmente mantén aberta a convocatoria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620