Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Bugallido homenaxea a Begoña Caamaño no inicio dunha fin de semana chea de actividades

A parroquia amesá acolleu unha emotiva lembranza da xornalista e escritora e continúa  coa III Carballeira das Letras e a festa de San Isidro

Las tres amigas de Begoña Caamaño con los representantes locales
Las tres amigas de Begoña Caamaño con los representantes locales
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A parroquia de Bugallido (Ames) acolleu este venres á tardiña unha homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño. O acto lembrou a súa faciana máis humana: a nena lectora que se converteu nunha muller alegre, boa persoa, gran amiga e profesional comprometida cunha Galicia libre, a igualdade e o futuro do idioma.

O tributo tivo momentos moi emotivos cos testemuños de tres das súas grandes amigas: Ana Romaní compartiu recordos da súa convivencia e profesión; Andrea Nunes recitou un poema creado polo décimo cabodano do seu pasamento; e Guadi Galego ofreceu unha actuación ao piano, confesando que Begoña é a musa de todas as súas cancións e a razón pola que hoxe compón para todas as mulleres.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou o valor das actividades que as asociacións de Bugallido organizan todo o ano, afirmando que “axudan a situar Ames como un referente cultural”. 

Pola súa parte, Natividade González, deputada de Cultura da Coruña, gabou unha programación “tan extensa, intensa e de alta calidade”, algo pouco habitual en entidades locais. 

Para pechar, Henrique Monteagudo, presidente da Academia, reflexionou sobre a importancia de dedicar o Día das Letras a mulleres novas, feministas e comprometidas, sinalando que estas causas e o idioma son cuestións de todos que “nunca deben pasar de moda”.

Actividades durante o fin de semana

Hoxe celebrase a III Carballeira das Letras, cun espectáculo infantil a cargo de Vero Rilo e Luis Iglesias, sesión vermú con Los Jinetes del Trópico, unha foliada coas escolas de música tradicional de Bugallido, teatro improvisado co Colectivo do Flow e fin de festa con Tiruleque.

Mañá, coincidindo coa celebración de San Isidro, haberá unha degustación de callos e empanada, baile tradicional coas escolas locais, actuación da charanga Santa Compaña e o concerto da Orquestra Folk de Galicia Son de Seu.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620