Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames lanza a Festa do Comercio 2026 con sorteos, música e actividades en Bertamiráns e O Milladoiro

A cita, organizada por XEA co apoio do Concello e a Xunta, celebrarase o 13 de maio para dinamizar o comercio local e atraer veciñanza ás rúas

A presentación da Festa do Comercio 2026 reuniu no salón de plenos da Casa do Concello de Ames a representantes institucionais e de XEA
A presentación da Festa do Comercio 2026 reuniu no salón de plenos da Casa do Concello de Ames a representantes institucionais e de XEA
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da Festa do Comercio 2026, unha iniciativa posta en marcha pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración do Concello de Ames e a Xunta de Galicia, o obxectivo de dinamizar as rúas de Ames e animar a veciñanza a mercar no comercio local de Ames.

A dita presentación acudiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; o presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido; o vogal da Xuntanza de Empresarios de Ames, Jorge López; e a xerente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Beatriz López, os cales foron os encargados de explicar esta campaña que se vai desenvolver o mércores, 13 de maio, en no Milladoiro e Bertamiráns.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, mostrou a súa ledicia por volver un evento que permite “dinamizar as rúas”. Ademais, destacou que “XEA ten cada vez máis socios tanto en Bertamiráns como no Milladoiro”, coa importancia que este feito implica para o comercio local. Unha XEA que “non só ten socios nas zonas urbanas, senón que tamén conta con asociados no rural, incluíndo deste xeito a todos os comercios e locais hostaleiros do concello”.

Por parte de XEA, o seu presidente, Ramón Cordido, sinalou que “o obxectivo desta xornada é facer ruído e facer ver á veciñanza amesá que o comercio local está aí”. Tanto Cordido como o vogal de XEA, Jorge López animaron “a toda a veciñanza a que participe nesta festa e tamén chamamos a todos os comercios e locais de hostalaría que aínda non están asociados a XEA para que se una a nós e seguir construíndo pobo”.

Programación da Festa do Comercio 2026

Esta é unha xornada que ten como obxectivo dinamizar o comercio e hostalaría locais, potenciando a economía de proximidade. Deste xeito, Bertamiráns e O Milladoiro gozarán de diferentes talleres, sorteos e concertos durante esta Festa do Comercio 2026. No caso de Bertamiráns (cómpre recordar que forma parte do recoñecemento Centro Comercial Aberto), unha das actividades máis destacadas é o taller de batucada que se impartirá na Praza da Maía, e que posteriormente rematará cunha gran batucada da man dos veciños e veciñas de Bugallido. Para poder participar, deberase presentar o recibo de compra nalgún dos establecementos asociados .

Tamén haberá concertos: Chiña, ás 20.00 horas, na Praza da Maía, e o Dúo Infinito, ás 20.30, na Praza de Manuel Murguía, amenizarán esta xornada de festa. Non obstante, o prato forte será o gran sorteo especial de 500 euros con compras nos establecementos de XEA de Bertamiráns ao final da xornada. Para poder participar, deberase consumir nos locais asociados. No caso do Milladoiro, haberá sorteos en cada un dos establecementos comerciais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620