Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames e Brión poñen en marcha o obradoiro dual de emprego Renova Verde con 20 participantes

O programa, financiado pola Xunta de Galicia, ofrecerá formación en enerxía solar e xardinería con dous certificados de profesionalidade

O obradoiro dual de emprego Renova Verde desenvolverase durante nove meses entre xuño de 2026 e febreiro de 2027 en Ames e Brión
O obradoiro dual de emprego Renova Verde desenvolverase durante nove meses entre xuño de 2026 e febreiro de 2027 en Ames e Brión
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Os Concellos de Ames e Brión van a poñer en marcha aoitava edición do obradoiro dual de emprego Renova Verde, no que participarán 20alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión). Nesta edición impartiranse 9 meses de formación. 10 alumnos/as obterán o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas; e outros 10 disporán do certificado de profesionalidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Ademais, impartirase formación complementaria e de carácter transversal. Esta previsto que dito obradoiro de emprego se imparta desde o 1 de xuño de 2026 ata o 28 de febreiro de 2027.

Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.

Este obradoiro está financiado a través dunha subvención de 454.552,00 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos deformación profesional para o emprego. O obradoiro dual emprego Renova Verde terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as (15 do concello de Ames e 5 do concello de Brión). Ademais, concedéronse 36.000 euros para 8 incentivos ácontratación laboral.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “este ano optouse por ampliar a formación a dous certificados profesionais. Deste xeito diversificamos a formación en instalacións solares fotovoltaicas e en xardíns e zonas verdes. Animo a todas as persoas que cumpran os requisitos a que se inscriban para poder ter opción a participar neste obradoiro de emprego, xa que é unha oportunidade para formarse en sectores que teñen unha alta demanda de man de obra”.

Novas instalacións de paneis solares

Ademais da formación teórico práctica, o alumnado realizará traballos de interese municipal. Neste caso vanse realizar novas instalacións de fotovoltaicas na Casa da Cultura de Bertamiráns e no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames en Aldea Nova.

Por outra banda, faranse traballos de mantemento nas instalacións fotovoltaicas do campo de fútbol e pavillón polideportivo de Bertamiráns, campo de fútbol do Milladoiro, Casa da Cultura e instalacións deportivas do Milladoiro, escola infantil de Brión, pavillón polideportivo de Brión, espazo colaborativo de Brión, depuradora da Ameixenda do concello de Ames, depuradora do Milladoiro, centro polivalente de Brión, ETAP de Lens dos concellos de Ames-Brión, pérgola fotovoltaica da biblioteca de Brión, EDAR de Sisalde, piscinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro, Escolas infantís A Madalena do Milladoiro e O Bosque de Bertamiráns e na Escola de Música de Brión.

Do mesmo xeito, no ámbito da xardinería e zonas verdes, levaranse a cabo as seguintes actuacións: recuperación ambiental do bosque en galería e obras de xardinería no parque do Ameneiral en Bertamiráns; instalación de xardín climático na rúa da Madalena no Milladoiro; mantemento dos xardíns da rúa Anxeriz no Milladoiro e instalación e melloradas zonas verdes e rotondas do Concello de Brión.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620