Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames acolle a gran final do Club de Debate Alingua 2026 cos mellores oradores escolares

A Casa da Cultura de Bertamiráns será escenario este sábado dunha xornada aberta ao público na que oito equipos finalistas competirán arredor do uso das linguas oficiais

A gran final do Club de Debate Alingua 2026 será na Casa da Cultura de Bertamiráns, con participación de alumnado de distintos centros educativos galegos
A gran final do Club de Debate Alingua 2026 será na Casa da Cultura de Bertamiráns, con participación de alumnado de distintos centros educativos galegos
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Chegou o momento de descubrir os máis hábiles oradores dos centros educativos galegos. Será na gran final do Club de Debate Alingua 2026, competición que finaliza este sábado, 25 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames. Alí, entre as 10.20 e 14.00 horas durante a mañá, e entre as 15.45 e as 18.45 h, durante a tarde, irán pasando polo escenario da competición todos os equipos clasificados nas fases previas. O alumnado do IES do Milladoiro defenderá a opción en contra ás 12.25h contra o Grupo Nós – CPR Santiago Apóstol (Narón); e a opción a favor ás 17.15 horas contra o IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba).

A comezos do pasado mes de marzo e durante cinco días, celebrouse a fase de clasificación no Auditorio Municipal de Narón nas dúas primeiras xornadas e no Campus Tecnolóxico Cortizo, en Rois, nas outras tres xornadas, coa participación de 37 equipos. A afirmación proposta daquela para o debate, xurdida das propias suxestións dos institutos participantes, foi “O estilo de vida actual é nocivo para a saúde mental da xente nova”.

Nesta ocasión, os oito equipos finalistas debaterán sobre a afirmación "O ensino obrigatorio garante a igualdade de competencia nas dúas linguas oficiais". Así, durante toda a xornada deste sábado, 25 de abril, cada equipo participante deberá debater en dúas quendas, debendo adoptar en cada quenda unha das opcións: “a favor” e “en contra” da tese proposta. Un xurado integrado por cinco profesionais de diversas áreas relacionadas puntuará as intervencións dos equipos.

Espazo de convivencia para activar a lingua

A xornada da gran final comezará para o alumnado ás 9.15 horas, coa recollida da documentación e a participación nas dinámicas de interacción, xa que alén da propia competición, o Club de Debate Alingua fomenta espazos de socialización onde o alumnado dos diferentes institutos se coñece e comparte tempo de lecer. Este tempocompartido máis aló dos propios debates, fomenta o espírito deportivo e o compañeirismoe ofrece oportunidades para activar a lingua galega nos espazos de convivencia.

Ás 10.20 horas comezarán os debates, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, con acceso libre ao público. Deste xeito, e durante todo o día, o xurado valorará as habilidades e a capacidade para a argumentación, o enxeño empregado para defender as posicións, o esforzo de análise e a interpretación da realidade que realicen os equipos participantes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620