Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames licita por máis de 260.000 euros as obras de mellora de viarios en Vilaverde

O proxecto inclúe pavimentación, redes de saneamento, abastecemento e iluminación na parroquia de Piñeiro dentro do plan POS+ 2025

O Concello continúa o investimento en infraestruturas locais cunha actuación que renovará os servizos básicos e o firme dos camiños na aldea de Vilaverde
O Concello continúa o investimento en infraestruturas locais cunha actuación que renovará os servizos básicos e o firme dos camiños na aldea de Vilaverde
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación e mellora dos viarios na aldea de Vilaverde, pertencente á parroquia de Piñeiro. O orzamento base delicitación ascende a 262.593,68 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “continuamos coa licitación das obras incluídas no POS. Dende o pasado mes de xaneiro aprobouse alicitación de tres obras incluídas no POS+ Adicional de 2025, para a pavimentación de camiños peonís en Aldea Nova, a pavimentación do viario principal de Coira, e a pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde. Nestas tres obras investiranse máis de 500.000 euros”.

Actuacións previstas no proxecto

As actuacións que contempla o presente proxecto están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios da aldea de Vilaverde, situada na parroquia de Piñeiro. Para elo proxéctase un novo pavimento composto por 15 centímetros de formigón con mallazo sobre zahorra para a súa nivelación, previa demolición da superficie do firme existente. En ambas marxes disporase dunha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho.

Baixo o novo pavimento de formigón prevese a canalización de tubo de polipropileno de 400 milímetros de diámetro coa instalación de arquetas con sumidoiro, pozos e canle de fundición dúctil con reixa para a correcta recollida das augas pluviais, previa escavación en zanxa. Para a recollida das augas residuais fecais prevese a canalización de tubo de PVC de 315 milímetros cos correspondentes pozos e arquetas de saneamento, previa escavación en zanxa.

Tamén de prevé a instalación de rede de abastecemento coa colocación de tubo de polietileno de 75 milímetros e 11 válvulas de comporta coas súas correspondentes arquetas de aloxamento. Para a rede de iluminación pública contémplase a colocación de tubo de polietileno de 90 milímetros con arquetas. Con anterioridade as actuacións proxectadas contémplase o desbroce e limpeza de marxes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620