Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Docentes de León visitan o CEIP A Maía dentro dun programa de intercambio educativo

O director xeral de Centros e Recursos Humanos acompaña a un grupo do colexio Lope de Vega nunha estancia do programa Observa_Acción

Un grupo de docentes do colexio Lope de Vega de León visitou o CEIP A Maía (Ames) no marco do programa Observa_Acción
Un grupo de docentes do colexio Lope de Vega de León visitou o CEIP A Maía (Ames) no marco do programa Observa_Acción
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, acompañou hoxe a un grupo profesores do Colexio Lope deVega de León na súa visita ao Colexio A Maía (Ames) para coñecer o sistema educativo galego a través do programa de intercambio de experiencias docentes Observa_Acción.

Durante a súa estadía en Galicia, este grupo de docentes ten a oportunidade de coñecer en primeira persoa iniciativas educativas innovadoras como os Polos Creativos, así como o traballo coas radios escolares e a robótica ou os programas a prol da convivencia escolar e a atención á diversidade, entre outros.

O programa Observa_Acción promove os intercambios de experiencias entre profesores e a creación de redes de aprendizaxe con centros tanto dentro de Galicia como con outras comunidades e países. O obxectivo é implementar innovacións pedagóxicas e promover a mellora continua do ensino. A iniciativa forma parte de Galemundo, o programa de internacionalización do ensino da Xunta que permite que máis de 8.300 alumnos e docentes realicen estadías en diferentes países este curso co apoio do Goberno galego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620