Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames prepara unha programación especial polo 8M con actividades culturais, deportivas e formativas

O Concello organiza proxectos en centros educativos, proxeccións, monólogos teatrais, cursos de defensa persoal e visibilización no Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

A concelleira de Igualdade, Uxía García, presentou a programación do 8M en Ames
A concelleira de Igualdade, Uxía García, presentou a programación do 8M en Ames
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Ames, a través do departamento de Igualdade, presentou esta mañá a programación que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas co gallo do 8M, Día Internacional da Muller. Ao acto asistiron a concelleira de Igualdade, Uxía García; a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís; e a psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM), Mónica Antelo.

A concelleira de Igualdade, Uxía García, destacou que “neste mes da muller, o mes demarzo, realizaremos diversas actividades con motivo do 8M. Este ano ten unha frase clave: 8M a voces”. Por outra banda, Mónica Antelo, psicóloga do Centro de Información á Muller, dixo “invitamos a toda a veciñanza a participar nas actividades do mes de marzo. O domingo 8 temos a proxección dun documental no que participaron mulleres do propio concello e que será algo distinto e innovador”.

Acto central do 8M

O acto central da programación do 8M vaise a realizar o propio domingo, 8 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns cos dúas actividades. Pola mañá, de 11.00 a 12.30 horas, proxectarase o documental '8M A Voces', unha peza audiovisual promovida polo Concello de Ames, que nace coa vontade de poñer no foco as voces das mulleres do municipio no marco do Día Internacional da Muller, recollendo testemuños de vidas reais e diversas.

Dito acto, que estará presentado por Fátima Pego, comezará coa proxección dun vídeo no que se dará lectura ao manifesto institucional con motivo do 8M. De seguido, Fátima Pego será a encargada de dirixir o acto, que contará coa intervención do alcalde, Blas García, e coa proxección do documental '8M A Voces'.

Trala proxección, que durará arredor de 35 minutos, abrirase un coloquio coas mulleres participantes no documental para falar das súas propias experiencias. Posteriormente, darase paso a unha rolda de preguntas das persoas asistentes ao acto e este pecharase coa lectura de versos por parte de varias representantes do Concello.

Ademais, o domingo 8 de marzo, durante a celebración do VII Trail e Andaina Ribeiras do Tambre e III Campionato Xunta de Galicia de trail running Preclassic vaise a conmemorar o Día Internacional da Muller. Neste senso, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, dixo que este ano esta proba deportiva “coincide co día da muller, polo tanto darémoslle visibilidade tanto nos dorsais como nunha pancarta que vai estar colocada na liña de saída”.

'O positivo de fracasar no amor'

Por outra banda, o domingo 8 de marzo, ás 18.30 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o espectáculo 'O positivo de fracasar no amor', un monólogo teatral de Pablo Piñeiro.

Neste espectáculo Pablo Piñeiro debulla a súa obra literaria do mesmo nome e comparte o seu proceso persoal: dun mozo “analfabeto emocional” que aprendeu a cuestionar os mitos do amor romántico, os mandatos de xénero e as expectativas que condicionan as nosas relacións. No escenario acompáñao René Merino, que debuxa en directo o que lle suxire o texto, engadindo unha dimensión visual que transforma cada función nunha experiencia viva e irrepetible.

Actividades nos centros educativos

Dentro de dita programación tamén está prevista a elaboración de murais colaborativos nos centros educativos. Nesta actividade participa o alumnado e mailo persoal de 7H cooperativa cultural. Primeiro realizase un proceso de tormenta de ideas e de deseño, e posteriormente, abordase a fase de pintado dos murais. Ademais, o persoal do CIM vai visitar os centros educativos para achegar información e repartir material do 8M.

Dende a Concellaría de Igualdade organízase un curso de formación en defensa persoal para mulleres, que se vai a impartir o sábado, 21 de marzo, pola mañá no Milladoiro e pola tarde en Bertamiráns. Para participar nesta actividade hai que inscribirse previamente. Este mesmo curso vaise a impartir o luns, 23 de marzo, no IES de Ames, en Bertamiráns. Proximamente publicarase un programa específico sobre ditos cursos e mailo xeito de inscribirse.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620