Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

O Pleno do Concello de Ames abre o prazo para unha posible moción de censura tras rexeitar a cuestión de confianza do orzamento 2026

Aprobouse inicialmente a modificación da ordenanza do ICIO, a solicitude dunha subvención á Deputación, e a modificación do convenio co Concello de Brión

A rexeita da cuestión de confianza activa o procedemento legal para a presentación dunha moción de censura no Concello de Ames e condiciona a tramitación do orzamento municipal
A rexeita da cuestión de confianza activa o procedemento legal para a presentación dunha moción de censura no Concello de Ames e condiciona a tramitación do orzamento municipal
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Corporación municipal rexeitou a cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento de 2026, polo que se abre un período de 30 días naturais para que os grupos políticos municipais do Partido Popular, BNG e Espazo Común presenten unha moción de censura. No caso de non presentar dita moción ou esta non saía adiante, o orzamento de 2026 pasará a estar en exposición pública durante un prazo de quince días.

Na parte resolutiva, aprobouse de xeito inicial a modificación da ordenanza fiscal do ICIO, a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña para financiar e poñer en marcha unha nova liña de axudas para as comunidades enerxéticas, e maila modificación do convenio de colaboración entre os Concellos de Ames e Brión para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia. Ademais, debatéronse catro mocións presentadas polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, Partido Popular e BNG. 

O alcalde deu conta á Corporación municipal dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria. Dende o último pleno ordinario aprobáronse 295 decretos, do 201 ao 495. Neste apartado tamén se deu conta de catro actas de Xunta de Goberno Local, correspondentes ao meses de xaneiro e febreiro, e da designación de representantes do grupo municipal socialista de Ames na Comisión informativa permanente de Xestión Cultural, Deportiva e Promoción da Saúde.

De seguido, a concelleira de Servizos Económicos deu conta da información periódica a render ao pleno correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2025. Durante este período destacou que o período medio de pago a provedores foi de 19,45 días, pordebaixo dos 30 días que establece a lei.

No apartado de dación de conta tamén se deu conta das queixas, suxestións e reclamacións presentadas no ano 2025. A concelleira de Atención e Participación Veciñal, Ana Belén Paz, informou que durante o ano 2025 o Concello recibiu un total de 188 entradas por rexistro co formulario oficial, que foron todas contestadas. Ademais, recibíronse máis de 1.250 correos no enderezo de atención cidadá solicitando información de diferentes asuntos de índole municipal, os cales foron todos respondidos.

Cuestión de confianza vinculada ao orzamento

A continuación, abordouse unha cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento municipal do exercicio 2026. Este punto foi rexeitado co voto en contra dos grupos políticos municipais da oposición. Os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal votaron a favor, mentres que o resto de edís do Partido Popular, BNG e Espazo Común posicionáronse en contra.

O encargado de expoñer este punto foi o alcalde, Blas García, que explicou “no pleno extraordinario do pasado luns 23 de febreiro non saíu aprobado o orzamento de 2026. Dende o goberno queremos dispor de dito orzamento polo que o vinculamos a unha cuestión de confianza. No próximo mes a pelota vai a estar no seu tellado, vostedes van adecidir se chegan a un acordo entre o Partido Popular e o BNG para gobernar de forma conxunta o ano e medio que queda ata as próximas eleccións municipais e presentaroutro orzamento que consideren mellor. Se non chegan a ese acordo o único que conseguirán será atrasar a aprobación deste orzamento”.

Sobre este punto, a voceira de Espazo Común, Luísa Feijóo, dixo “traen hoxe unha cuestión de confianza vinculada ao mesmo documento que foi rexeitado hai tres días por toda a oposición. Por desgraza non mudou nada, nin o documento, nin as formas, nin a vontade de acordo”.

A voceira do BNG, Escarlata Pampín, destacou “é imposible ter confianza agora mesmo no goberno do partido socialista que presentou uns orzamentos que son a mellor definición dun goberno estancado, continuista, pouco ambicioso e afatado da realidade social do Ames de 2026. É imposible confiar nun goberno que se autodefine progresista, pero que non afronta con valentía o problema da vivenda, e por enriba alimenta a especulación non poñendo freo aos prezos do alugueiro e de venda; que non aposta dexeito decido polo comercio local incrementando o importe dos Bonos Consuma e polo rescate do comercio do Milladoiro que leva moitos anos agonizando”.

A voceira do Partido Popular, Oliva Agra, explicou que “estamos nesta situación de debater unha cuestión de confianza porque este era o seu obxectivo dende o principio, sacar os orzamentos en solitario, e tamén porque está seguro de que neste mes que queda por diante non se vai a presentar unha moción de censura. O noso voto en contra hoxe é un voto en contra duns orzamentos malos para os veciños e veciñas de Ames”.

ICIO e solicitude de subvencións

Na parte resolutiva, aprobouse de xeito inicial a modificación da ordenanza fiscal do ICIO. Dita modificación afecta ás autoliquidacións nas comunicacións previas, clarificación de prazos para bonificacións, prelación de suxeitos pasivos substitutos e actualización de módulos. 

Ademais, aprobouse por unanimidade a solicitude á Deputación Provincial da Coruña dunha subvención nominativa, mediante convenio por importe de 100.000 euros, para o financiamento e posta en marcha dunha nova liña de subvencións para as comunidades enerxéticas do Concello de Ames. O importe de dita liña de axudas ascendería a 125.000euros.

Tamén se aprobou por unanimidade a aprobación da modificación do convenio de colaboración entre os Concellos de Ames e Brión, para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia, co obxectivo da realización dun obradoiro dual de emprego denominado “Renova Verde”.

Apartado de mocións

Neste apartado debatéronse catro mocións. Na primeira, presentada polo grupo municipal socialista, solicítase que a Xunta de Galicia acometa unha actuación definitiva e urxente na cuberta do CEIP A Maía. Esta moción foi aprobada con 14 votos a favor dos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, BNG e Espazo Común, e coa abstención dos concelleiros do Partido Popular.

Na segunda moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular, condénanse os actos de vandalismo cometidos contra as sedes do Partido Popular de Galicia. Tamén se rexeita a utilización de mobiliario e espazos públicos ou privados para a colocación de pintadas, que non cumpren coa normativa vixente e con consignas que teñen o único fin de xerar crispación. Esta moción foi aprobada con 16 votos a favor dos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, Partido Popular e Espazo Común.

Na terceira moción, presentada polo grupo municipal do BNG, abordouse que o Concello de Ames estableza un sistema de autorización temporal de estacionamento para traballadoras e traballadores que, por razóns profesionais, deban prestar servizos a domicilio de maneira itinerante nos núcleos de Bertamiráns e O Milladoiro. Tralo correspondente debate, a moción quedou encima da mesa, co voto a favor dos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal e do Partido Popular, e co voto en contra do BNG e Espazo Común.

A cuarta e última moción, tamén presentada polo grupo municipal do BNG, foi para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo. Neste caso solicítase que a Corporación municipal reafirme o seu compromiso coa loita feminista e o apoio ás mobilizacións e reivindicacións do feminismo galego organizadoneste 8 de marzo de 2026. Esta moción foi aprobada con 14 votos a favor dos concelleiros e concelleiras do Gobernomunicipal, BNG e Espazo Común, e coa abstención do PartidoPopular.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620