Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Olivia Parga participou na primeira fase da liga nacional cadete de karate en Valdepeñas

A deportista amesá alcanzou os cuartos de final en Valdepeñas e foi novamente seleccionada para o programa de tecnificación GSKU da Federación Galega de Karate

A karateka de Ames Olivia Parga, participante na primeira fase da Liga Nacional Cadete disputada en Valdepeñas
A karateka de Ames Olivia Parga, participante na primeira fase da Liga Nacional Cadete disputada en Valdepeñas
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A karateka amesá Olivia Parga participou a fin de semana do 17 e 18 de xaneiro, en Valdepeñas (Cidade Real), na primeira fase da liga nacional cadete de karate. A deportista de Ames disputou tres combates chegando ata cuartos de final, despois de gañar os dous primeiros combates por 3-0 e 4-0 e perdendo o último por 3-0, e non tendo opción de repesca.

Dende o entorno da karateka amesá destacan que “nesta ocasión os resultados non foron os desexados, aínda que non por iso estamos decepcionados, xa que consideramos que o traballo foi bo e as sensacións foron boas. Seguiremos traballando para mellorar cousas e confiamos en que a liña de traballo é a correcta”.

Grupo de Seguimento de Kumite

Por outra banda, a deportista amesá volveu a ser incluída no programa GSKU (Grupo de Seguimento de Kumite) da Federación Galega de Karate que conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun programa de tecnificación que selecciona ás/aos mellores karatekas galegos, para adestramentos especializados de combate. Esta iniciativa busca potenciar o rendemento deportivo competitivo.

“A inclusión neste programa permitiralle a Olivia seguir adestrando este ano 2026 e prepararse para afrontar nas mellores condicións físicas e técnicas esta tempada da mandos mellores adestradores galegos”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620