Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames pon en marcha o proxecto estratéxico “Ames Dixital Water” para modernizar a xestión da auga

A iniciativa mobiliza máis de 1,35 millóns de euros, financiados maioritariamente con fondos europeos, para dixitalizar e mellorar o abastecemento e o saneamento municipal

O proxecto “Ames Dixital Water” inclúe actuacións de inventariado, dixitalización e mellora das redes de abastecemento e saneamento do municipio
O proxecto “Ames Dixital Water” inclúe actuacións de inventariado, dixitalización e mellora das redes de abastecemento e saneamento do municipio
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Ames iniciou a transformación integral do seu sistema de abastecemento e saneamento mediante a adxudicación e execución de diversos contratos enmarcados no proxecto estratéxico “Ames Dixital Water”, cuxo investimento global ascende a1.356.375,49 euros. O 83,40% do orzamento total, que ascende a 1.131.309,77 euros, será sufragado con fondos europeos, mentres que o 16,60% restante, 225.065,72 euros, son sufragados con fondos municipais.

A iniciativa está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do PERTE para a dixitalización do ciclo urbano da auga, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno de España e con fondos Next Generation EU. O obxectivo principal do proxecto é dotar ao municipio de servizos modernos e de calidade relacionados coa xestión do ciclo da auga. Así, a través da transformación dixital, Ames mellorará a eficiencia no uso dos recursos hídricos, garantirá a sustentabilidade ambiental e proporcionará á cidadanía un entorno favorable para o desenvolvemento dos seus proxectos de vida.

O proxecto pretende converter Ames nun referente na gobernanza da auga a nivel local, aproveitando as vantaxes da transformación dixital. Prevese mellorar a calidade de vidados cidadáns, promover a sustentabilidade ambiental e fortalecer o arraigamento da poboación no municipio. Este enfoque integral busca crear un modelo replicable noutros contornos semiurbanos que se enfrontan a retos similares.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “o Ames Dixital Water consta de tres grandes bloques: a planificación; a mellora, eficiencia e dixitalización; e a xestión da información. Este proxecto é moi importante para o Concello porque se tocan todos os puntos do ciclo integral da auga. A través do uso da tecnoloxía, búscase facer unha xestión máis eficiente e eficaz do ciclo completo da auga, desde a captación ata a reutilización”.

Inventario das redes

Na actualidade estanse executando catro importantes actuacións por valor de 418.144,78 euros. Un dos contratos que xa está en marcha é do servizo para o levantamento topográfico e inventariado das redes de abastecemento e saneamento do municipio, unha actuación clave dentro do proxecto Ames Dixital Water. O orzamento base de licitación ascendía a 214.765,86 euros, mentres que o contrato foi adxudicado por 168.161,68 euros, o que supón unha redución do 21,7%respecto ao importe de licitación. A empresa adxudicataria é Cartogalicia SL, con sede no parque empresarial do Milladoiro, e especializada en servizos topográficos.

O contrato ten como finalidade dixitalizar e xeoreferenciar todas as infraestruturas do ciclo integral da auga, permitindo dispoñer dun inventario actualizado de captacións, redes, estacións de bombeo, depósitos, depuradoras e demais elementos singulares. Os traballos incluirán a instalación de identificadores físicos con tecnoloxía QR e NFC, que facilitarán o acceso inmediato á información técnica desde dispositivos móbiles.

Ademais, estes traballos contribuirán a mellorar a xestión dos servizos públicos, optimizaras tarefas de mantemento e reforzar a transparencia e a eficiencia na planificación de infraestruturas hidráulicas. Con esta actuación, o Concello de Ames dá un paso decisivo cara á modernización dixital do ciclo da auga, sentando as bases para a creación dun xemelgo dixital municipal que permitirá xestionar as redes con maior precisión, eficiencia e sustentabilidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620