Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

As corais de Ames pechan a programación do Nadal co tradicional Concerto de Reis

O recital celebrarase este sábado 10 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro coa participación de seis agrupacións locais

reyes magos en ames
O Concerto de Reis reunirá na Casa da Cultura do Milladoiro ás principais agrupacións corais de Ames como acto de clausura da programación do Nadal
Concello de Ames
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este sábado 10 de xaneiro o Concerto de Reis a cargo das agrupacións corais de Ames, unha actividade que porá o peche á programación do Nadal. O recital terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19.00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello de Ames. A entrada será de balde ata completar aforo.

En representación da parroquia de Tapia acudirá o grupo coral Lojo Batalla, un dos máis recoñecidos do concello. A agrupación naceu dunha iniciativa veciñal, e o seu repertorio inclúe xéneros como a canción popular, temas tradicionais e música relixiosa, tanto en galego como en castelán. O nome do coro fai referencia a Óscar Lojo-Batalla Sampedro, que foi alcalde de Ames entre 1931 e 1936.

No evento participarán tamén os coros parroquiais de Piñeiro e Ames, que teñen orixes similares, ao seren creados en 2002 pola mesma mestra, Anxos Renieblas. O obxectivo de ambos é amenizar as celebracións eucarísticas nas súas respectivas parroquias, formando un grupo dinámico, con representación de distintas idades e caracterizado polo acompañamento de guitarras e percusión, o cal os diferenza das corais máis tradicionais.

Tamén participará o coro de Nuestra Señora del Corpiño de Oca, que dende os seus comezos a inicios de século XXI se dedica a poñer música ás liturxias que se celebran na súa capela. Está composto por mulleres de dita aldea e ten actuado en festivais benéficos. O coro está formado por oito mulleres que están dirixidas por Miguel Ángel Sánchez del Río.

Pola súa banda, a Coral Polifónica de Bugallido foi fundada no ano 1971 por Antonio Santomil, que era o párroco naquel momento. O grupo coral funcionou ata o ano 1981, no que, debido ao falecemento prematuro do seu fundador, quedou inactivo. A finais de 1991 un grupo de antigos compoñentes recuperaron a actividade, creando a Asociación Cultural “Antonio Santomil”, dentro da que se encadra a coral polifónica. Dende entón, o coro participa en numerosos certames e festivais ao longo de toda a xeografía galega, baixo a batuta de Xosé Ramón Santomil.

Para finalizar, participará tamén a Coral Son Elas, formado na súa totalidade por mulleres con idades comprendidas entre os doce e os setenta e cinco anos. O nome “Son Elas” xurdiu da súa dobre condición: mulleres e apaixonadas da música, que empregan as súas voces con certo ton reivindicativo do papel da muller na sociedade. A dirección e os arranxos corren a cargo de Pilar Martínez, que adapta temas de distintos estilos, variados e contemporáneos, a maioría en lingua galega.

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos