Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Ames impulsa a cuarta edición de 'Modo galego, actívao!' para promover o uso do galego entre a mocidade

O proxecto da Real Academia Galega e o Concello incorpora as escolas deportivas municipais e implicará a máis de 2.700 alumnos e alumnas

Presentación no CEP de Ventín da nova edición de 'Modo galego, actívao!', un programa de investigación-acción para a dinamización do galego en contextos educativos e sociais
Presentación no CEP de Ventín da nova edición de 'Modo galego, actívao!', un programa de investigación-acción para a dinamización do galego en contextos educativos e sociais
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O CEP de Ventín acolleu hoxe a presentación da cuarta edición de 'Modo Galego, actívao!', o proxecto de investigación que explora novos xeitos de promover o uso do galego entre a xente nova e avaliar os resultados. A experiencia desenvólvese desde 2023 coa implicación do alumnado dos colexios públicos, as familias, o profesorado e persoal dos servizos complementarios de educación amesáns, e constitúe unha aposta no eido da dinamización lingüística. 

Seguindo esta filosofía, a incorporación das escolas deportivas de xestión municipal é unha das novidades da xeira que arrincará o luns que vén coa sinatura por parte duns 2.700 alumnos e alumnas do “Acordo de compromiso lingüístico” que negocien nas súas aulas.

As familias, os preto de 300 docentes de infantil á ESO chamados a participar no programa e os arredor de 200 profesionais da educación non formal son tamén protagonistas dunha experiencia na que a súa implicación é clave para que os nenos e nenas leven adiante unha serie de retos. Estas propostas deseñáronse co propósito de crear espazos estimulantes para que falen galego, ofrecerlles referentes e vincular a lingua a experiencias positivas e de carácter lúdico que promovan o cambio das actitudes lingüísticas.

En infantil e primaria cada día os cativos e cativas coñecerán un novo reto que deberán cumprir nas vindeiras 24 horas, e que lles permitirá ir cubrindo con adhesivos un divertido mapa animado das parroquias de Ames. En secundaria os retos serán semanais e convidarán a mocidade a descubrir contidos en galego que conectan cos seus intereses.

Investigación, avaliación e continuidade 

“'Modo galego, actívao!' ten varios esteos que lle outorgan un alto valor engadido no campo da normalización lingüística. Un deles é a combinación das accións de dinamización coa investigación. O programa deseñouse partindo do traballo previo de elaboración do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, co que arrincou en 2018 a colaboración da RAG e o Concello de Ames, e o noso Seminario de Sociolingüística avalía ademais os resultados de cada edición”, explica o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo

“Outro punto forte é o seu carácter transversal. A implicación a un tempo de todos os centros públicos e de distintos espazos de xogo, aprendizaxe e coidado contribúe a que se xere un clima amigable, dentro e fóra dos recintos escolares, para que os nenos e nenas galegofalantes se sintan recoñecidos e os que non o son rachen os prexuízos e o costume, animándose a romper a falar no idioma do país”, expón.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620