Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

O Concello de Ames rende homenaxe ao persoal municipal xubilado e con 25 anos de servizo

Sete traballadoras e traballadores foron recoñecidos nun acto celebrado no Pazo da Peregrina coincidindo co brinde de Nadal do persoal municipal

homenaje personal municipal concello de ames
Acto de homenaxe ao persoal municipal do Concello de Ames celebrado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Ames realizou un acto de homenaxe a catro traballadoras e tres traballadores municipais. Catro deles xubiláronse ao longo de este ano, recibindo unha peza de Sargadelos, e tres cumpliron 25 anos de servizo no Concello de Ames, recibindo como agradecemento pola súa labor os tradicionais píns do Concello de Ames.

A homenaxe realizouse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, coincidindo co tradicional acto de brinde de Nadal, que se realiza todos os anos e ao que asiste todo o persoal municipal. Participaron o alcalde, Blas García, e mailo resto de concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos político municipais da Corporación municipal. Tamén asistiron os/as delegados sindicais do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal.

Durante o evento, homenaxeouse a catro traballadores/as que se xubilaron ao longo de 2025. José Vicente Fernández Balebona, foi conserxe do CEIP da Maía e xubilouse no pasado mes de novembro; María Teresa Otero Noya foi Persoal de Servizos Xerais (PSX) da escola infantil municipal da Madalena e xubilouse en outubro deste ano; María Carmen Alonso Chenlo traballou no departamento municipal de Intervención e xubilouse no pasado  mes de febreiro; e Jesús Vieito Martís foi persoal da empresa municipal Augas de Ames e xubilouse en agosto deste ano. Todos eles/as recibiron unha peza de Sargadelos como mostra de gratitude.

Ademais, homenaxeouse a Jesús Tato Rial (traballador social), María Alicia Calvo Fernández (auxiliar administrativa) e Javier Arufe Vidal (peón da brigada municipal de obras), que cumpriron 25 anos de servizo no Concello de Ames. Como agradecemento pola súa labor, recibiron os tradicionais píns do Concello de Ames.

O alcalde de Ames, Blas García, agradeceu a labor do persoal municipal do Concello de Ames, así como a súa entrega durante diferentes mandatos e cores políticas. “O verdadeiro motor do concello son elas e eles, xa que nós estamos de paso, pero os e as traballadoras seguirán estando. Hai que poñer en valor a súa dedicación e traballo a prol do Concello de Ames”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620