Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

O violinista amesán Anxo Gómez Piñeiro, premio extraordinario de ensinanzas artísticas profesionais

O músico, con ampla traxectoria e numerosos recoñecementos, actuará o 9 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro dentro da programación de Nadal do Concello de Ames

anxo gomez
Anxo Gómez Piñeiro, distinguido co premio extraordinario de música 2024-2025 na especialidade de violín, actuará no Milladoiro o vindeiro 9 de xaneiro
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O xove violinista do Milladoiro, Anxo Gómez Piñeiro, vén de recibir a boa nova de que é un dos artistas galardoados cos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024-2025. 

Anxo Gómez, que foi premiado no ámbito da música e especialidade de violín, recibirá o premio económico de 1.000 euros e un diploma acreditativo de dita distinción. O xove violinista amesán actuará o vindeiro venres, 9 de xaneiro, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este concerto está incluído na programación de Nadal do Concello de Ames.

A nai de Anxo Gómez, Pilar Piñeiro, destaca que “este premio é un recoñecemento ao gran traballo que realiza Anxo, que dedica moitas horas do seu tempo aos estudos musicais que actualmente cursa coa súa profesora, Yulia Petrusevskaya, integrante da Real Filharmonía de Galicia. Para el é un estímulo e un gran impulso para seguir formándose”. Tamén mostra o agradecemento e recoñecemento que ten Anxo pola súa profesora, Yulia Petrusevskaya.

Na actualidade Anxo Gómez compatibiliza os seus estudos de segundo de bacharelato no IES do Milladoiro cos estudos de violín. Segundo asegura súa nai, Pilar Piñeiro, ten “o apoio de todo o equipo docente e dos seus compañeiros e compañeiras do instituto do Milladoiro, que é algo que temos que agradecer, xa que non é doado compatibilizar os seus estudos e a súa carreira profesional como músico”.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, indica que “para Ames é unha honra contar cun gran músico como é Anxo Gómez, que xa destaca no ámbito do violín, e ten unha gran proxección nacional e internacional. É un orgullo que Anxo leve o nome de Ames polo mundo adiante”.

Concerto

O xove violinista amesán actuará o vindeiro venres, 9 de xaneiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este concerto está incluído na programación de Nadal 2025 do Concello de Ames.

É a terceira vez que Anxo Gómez actuará no seu concello, despois de facelo en xuño de 2024 nunha velada de violín organizada pola a Escola Municipal de Música de Ames. Posteriormente, actuou en novembro de 2024, dentro da programación de Santa Icía, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, acompañado ao piano de Haruna Takebe.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620