Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

Marta Estévez presenta en Ames a novela “As tres beiras”

A autora participará este xoves nos Encontros Literarios das Bibliotecas municipais, nunha sesión no Pazo da Peregrina acompañada polo editor César Lorenzo

Marta Estévez
Marta Estévez achegará ao público a súa obra “As tres beiras” nunha nova sesión dos Encontros Literarios no Pazo da Peregrina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

No mes de novembro continúan as sesións do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda de Marta Estévez, que estará a presentar a súa novela “As tres beiras” este xoves, 20 de novembro. A autora estará acompañada do editor César Lorenzo. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

Marta Estévez é unha escritora licenciada en Filoloxía Inglesa que publicou no 2023 a súa primeira novela, “El secreto de las hermanas Asorey”, unha obra baseada na Compostela de 1931 coa segunda República. Foi finalista dos Premios Azorín (2019) e cuarta finalista nos Premios Planeta (2021) con sendas novelas de momento inéditas.

A súa segunda novela “As tres beiras”, publicada orixinalmente o ano pasado en castelán ten como protagonista a Ulises, que en en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunto os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.

Sesións programadas para decembro

Para decembro está programada outra sesión dos Encontros Literarios, o xoves día 4, no que Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira presentarán “Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos”, da editorial Los libros de la Catarata.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620