El Festival Atlántica llevará la narración oral a Brión y Teo con propuestas para todas las edades
La programación apuesta por la infancia, la participación comunitaria y la recuperación de espacios cotidianos como lugares para compartir historias

A contorna de Santiago volverá ser territorio de historias coa chegada do XIV Festival Atlántica a concellos do Sar e A Maía. A programación nesta área aposta especialmente pola infancia, a participación comunitaria e a recuperación dos espazos cotiáns como lugares para escoitar e compartir relatos.
En Brión, o festival achegará a narración ás novas xeracións coa actividade "Onde nace a lingua", de Marta Ortiz, destinada ao alumnado da EEI Os Ánxeles.
Teo contará cunha programación ampla que abrangue diferentes públicos e localizacións. Destacando a colaboración con Arteneo e co colectivo A Rula, dúas asociacións locais. Este concello, despois de Santiago, é a sede que leva máis anos formando parte do festival, e xa van 12 anos.
O Parque dos Tilos acollerá "Can de Palleiro", de Dani Blanco; e o CEIP de Ramallosa recibirá a proposta "Contos do Norte", de Amaia Elizagoien.
As actividades continuarán con "Aitana e Avoa", de Soraya Lema, para público familiar, e con "Contos Colorados", de Vero Rilo e Ángeles Goás, nunha noite vinculada ao tecido comunitario local; e a Antiga Escola de Nenas de Agoso será escenario de "Retratos en branco e negro", de Charo Pita. A localidade pechará a súa participación coa presenza de Antonio Fontinha e a súa proposta "Inequivocamente".
A presenza de Atlántica nesta área amosa unha das liñas fundamentais do festival: facer da narración oral unha ferramenta accesible para todas as idades, capaz de habitar escolas, espazos naturais e lugares de convivencia.












